miércoles, 18 de julio de 2012


TÓDOLOS SINDICATOS REXEITAN A PROPOSTA DA EMPRESA DE ELIMINA-LA COMISIÓN NAS TENDAS QUE NON ACADEN O OBXECTIVO


Despois de varias reunións coa empresa e de asembleas cos traballadores en tódalas provincias, os sindicatos comunicaron a decisión de non acepta-la proposta de elimina-la comisión nas tendas que non acaden o obxectivo de vendas marcado pola empresa.

A empresa non quixo aceptar de ningunha maneira que nas tendas que quedasen por debaixo do obxectivo esixido se cobrase unha porcentaxe de comisión, aínda que fose inferior á actual.

A empresa manifestou que tiña intención de implanta-lo sistema de todas maneiras a partir do 1 de agosto. Para iso, e ante a negativa da representación sindical a avalar este novo sistema, a lexislación esíxelle a comunicación individual a cada traballador afectado. Solicitámosvos que en todo documento que vos presenten fagades constar “recibín e non conforme.

A partir de que a empresa proceda á comunicación individual do novo sistema de comisións, tomarémo-las medidas sindicais e legais oportunas para intentar defendernos desta decisión que despoxa a moitos traballadores de gran parte dos seus ingresos e que non vai servir para que aumenten as vendas.

CIG     SEGUIREMOS INFORMANDO    UGT

No hay comentarios:

Publicar un comentario