jueves, 28 de octubre de 2010

COMUNICADO OS TRABALLADORES

COMITÉ DE EMPRESA

GRUPO CORTEFIEL

A CORUÑA

A Coruña, a 29 de outubro de 2010

Comunicado para tódolos traballadores, Directores de Sucursal, Xefes de Zona e Área.

Desde este Comité queremos explicar as accións que se están realizando, e as medidas tomadas para intentar solucionar os problemas existentes case desde a creación deste Comité. Adxudicóusenos o cualificativo de “conflitivos” debido a que todo o que non interesa ou non se quere solucionar é un problema para determinados sectores da empresa.

Estamos en contacto con comités de empresa doutras provincias, cos que intercambiamos información e nos apoiamos mutuamente. Grazas a iso, detectamos problemas comúns e axúdanos a intentar mellorar as condicións de traballo do persoal do Grupo Cortefiel.

Queremos comunicarvos que este Comité non se reúne co Dpto. de Persoal desde o 27-01-2010, non porque nós non o solicitaramos, senón polas negativas dadas desde este Departamento. Ao final e lamentablemente só nos queda facer uso das ferramentas que legalmente dispoñemos, que son as denuncias na Inspección de Traballo. Vímonos obrigados a presentar até tres. Na primeira e na segunda déronnos a razón, mais a empresa non accedeu a nada do que a inspectora lle requiriu, polo que foi sancionada. A terceira aínda está en curso e estamos á espera do que a Inspección poida resolver.

Nunha breve exposición queremos detallarvos os puntos que lle reclamamos primeiro á Empresa e posteriormente, debido á falta de resposta, ante a Inspección de Traballo.

· Calendario horario anual: moitos de vós podedes comprobar que o calendario, en caso de existir, é trimestral, e ademais sofre continuas modificacións. A realidade é que por lei ten que ser anual, onde apareza o cómputo de horas anuais a traballar, días libres e vacacións, sen que isto se poida alterar posteriormente (de modificarse debe de ser de mutuo acordo entre traballador e empresa, con comunicación previas para o seu control a este Comité). Comproba o cómputo de horas anuais (1.796 en 2009 – 1.792 en 2010): seguro que che deben moito máis do que imaxinas.

· Vacacións: este ano, en moitos centros de traballo as vacacións foron impostas e ademais non se publicaron coa antelación debida. Todos debedes de saber que as vacacións téñense que fixar de mutuo acordo entre traballador e empresa e a súa publicación ten que facerse cunha antelación de dous meses ao inicio do período. A Inspección constatou esta irregularidade. A empresa persiste na súa negativa de negocia-los períodos de vacacións, así como o resto dos calendarios, de maneira colectiva con este Comité.

· Cláusulas adicionais nos contratos: seguramente moitos de vós asinades o contrato e non vos detedes a lelo e na maioría aparecen cláusulas abusivas que son ilegais. O traballo en domingos ou festivos nunca é obrigatorio senón voluntario (procedéndose a pagar como extra cada hora traballada, ben en diñeiro ou en tempo libre) como establece o Convenio de Comercio Vario da Provincia da Coruña. Esta cláusula, por requirimento da inspectora, tería que ser eliminada e comunicada a todos vós a nulidade da mesma. A empresa, por suposto, non o fixo. Só se pode obrigar a traballar un domingo á persoa contratada exclusivamente para ese día. Outra das cláusulas denunciadas é a que estipula a obriga de aceptar as modificacións de xornada, da que a Inspección tamén certificou a súa ilegalidade e, polo tanto, non é de aplicación. A empresa tenvos que dar copia do contrato nun prazo aproximado de quince días desde a sinatura.

· Contrato a tempo parcial: para todos os que teñan unha xornada inferior a 30 horas e traballen nunha tenda con horario continuado deberán de ter xornada continua e non se poderá fraccionar; o mesmo ocorre co persoal que teña unha xornada inferior a 24 horas e traballe nunha tenda con horario partido.

· Prolongacións de xornada: a inmensa maioría, por non dicir todos, traballades sempre 15 minutos mínimo fóra da vosa xornada. Se sumades por semana e posteriormente por mes e ano sairá unha cantidade esaxerada de horas que vos deben. Estas prolongacións de xornada segundo a Inspección de Traballo non teñen unha xustificación legal, e aínda que se consideren voluntarias teñen que ser compensadas con carácter de extraordinarias.

· Salarios Base: os traballadores de Springfield e Women estades discriminados laboral e economicamente con respecto aos vosos compañeiros de Cortefiel. Desde a creación deste Comité o voso salario e condicións económicas foi un dos nosos cabalos de batalla. Na primeira reunión prometéusenos que cando a empresa (neses momentos inmersa nunha agrupación da cadea) poñería os medios para equiparar con respecto a Cortefiel o resto das cadeas. Tódolos que levades tempo na empresa sabedes que o voso salario base non era o do Convenio da Coruña e provisionalmente ofrecéusenos a posibilidade de establecer unha comisión mínima garantida para poder así chegar a ese salario. Agora mesmo intentamos que, ao igual que os vosos compañeiros de Cortefiel cobredes comisións (independentes do salario base), axudas de custo, comidas, prolongacións, inventarios…, toda unha serie de melloras que agora mesmo a empresa vos nega e que vos discrimina entre os traballadores do Grupo.

· Categorías profesionais: dependentes como encargados, axudantes de dependente que despois de moitos anos con contratos descontinuos aínda non son dependentes… O Convenio Provincial da Coruña aclara no seu artigo 31 que a promoción é automática cando se permanece durante tres meses realizando funcións de superior categoría. Este é o caso dalgúns dos dependentes que están exercendo como directores de sucursal ou, no seu defecto, o dos dependentes, incluso axudantes de dependente, facendo funcións de segundos de tenda e en determinados momentos de directores de sucursal. En canto ao establecido no artigo 30 do Convenio (promoción profesional) hai traballadores que levan moito máis de dous anos traballando na empresa de maneira descontinua e que a data 1-10-2010 terían que comezar a percibir o seu salario como dependente, feito que non sucedeu.

· Atrasos de convenio: denunciado ante a Inspección de Traballo. A empresa está obrigada a regularizar as nóminas desde o mes seguinte á publicación das táboas salariais no BOP. E os atrasos non deberían de demorarse máis de dous meses desde a mesma publicación. A empresa foi informada por este Comité no mes de abril de 2010 da publicación destas táboas salariais e envióuselle por correo electrónico con arquivo adxunto e posteriormente por teléfono.

· Liquidacións: este Comité detectou que as liquidacións ao remate dos contratos están mal calculadas, nalgúns casos non se contemplan vacacións, atrasos de convenio, días libres pendentes, horas extras acumuladas, salario… A nosa recomendación é sempre poñer “pendente de revisar” ou “recibido non conforme”, para poder garantir o seu posterior pagamento.

Os traballadores e traballadoras do Grupo Cortefiel, ao noso entender, deben de recibir como mínimo o que legalmente lles corresponde e cremos que dentro das nosas funcións está o deber de loitar por isto. Así mesmo, asístenos dentro das nosas funcións o dereito á información, polo cal pasaremos polas tendas para comprobar que a nosa información está correctamente exposta.

Queremos desde este Comité agradecer de antemán a colaboración dos Directores de Sucursal pola correcta publicación deste comunicado no taboleiro do Comité.

Poñemos á vosa disposición diferentes maneiras para contactar connosco ante calquera dúbida ou suxestión. Grazas e un saúdo.

Comité A Coruña Grupo Cortefiel

comitecoruna@grupocortefiel.com

comiteacoruna_grupocortefiel@hotmail.es

José Luís Rosende Pujades (Telf.- 981240041)

Silvia Mourelle Rilo (Telf.- 981128106)

Ana Zamora (Telf.- 981257600)

David Nemiña Martínez (Telf.- 981221687)

Búscanos en:

comitecortefielacoruna.blogspot.com

Facebook: Comité Coruña Grupo Cortefiel

domingo, 24 de octubre de 2010

VISITAS INESPERADAS

Este Comité a decidido llevar a cabo visitas a las tiendas del Grupo Cortefiel en la Provincia de A Coruña, Para así refrendar con echos lo que lleva demandando casi desde su creación.
Este viernes día 22 visitamos las tiendas del C.C. Dolce Vita:

- Personas que supuestamente tendrían que estar en su puesto de trabajo y ya habían sido finiquitadas, cambios de turno sin aviso previo, personal de vacaciones sin estar reflejado en el cuadro horario ni notificado con dos meses de antelación, encargada o dependienta que esta sola en su turno y lleva 8 meses sin disfrutar de su permiso retribuido de 15 minutos, tiendas en donde no existe el calendario laboral ni tablones del Comité, ni por supuesto la información que hemos ido enviando......
- En cuanto a Prevención, despachos que son lugares de almacenaje, taquillas sin cerraduras y aseos sin contenedores higiénicos...
Quien da más..... Seguiremos visitando tras el exito de la medida.

Comité A Coruña

domingo, 17 de octubre de 2010

El Miercoles día 20 este Comité tiene reunión de Prevención y Salud con Lourdes Sagasta ( persona designada por la Empresa y Directora de Prevención ).
Ya os diremos como fue la reunión y si hay algo que destacar. Un saludo Comité A Coruna ( grupo Cortefiel ).